
Horacio García, vicedecano da Facultade de Xeografía da USC: “O informe hidrolóxico de Altri non é rigoroso, busca saltar os trámites”
Horacio García (Lugo, 1982) é profesor titular de Xeografía Física da Universidade de Santiago de Compostela e vicedecano da Facultade de Xeografía e Historia. Experto en hidroloxía, xeomorfoloxía e restauración fluvial, é un dos coautores do informe do Consello da Cultura Galega sobre o proxecto de celulosa de Altri en Palas de Rei (A Ulloa).