Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.

- This evento has passed.
“Andaina conmemorativa: Un ano da manifestación de Palas de Rei”, 24 de maio
Maio 24 @ 11:00 - 13:00

Sábado 24 de maio, ás 11 horas. Palas de Rei (Saída da Casa do Concello). Organizan Palas Viva e Plataforma Ulloa Viva.
Despois dun ano desde a manifestación no noso pobo, cada vez que a lembramos aínda temos as emocións a flor de pel. Por iso, en recordo de que hai un ano fixemos historia en Palas de Rei, conmemoramos esa data tan bonita e convidámosvos a participar nesta andaina colectiva o próximo 24 de maio. A saída será na Casa do Concello, e percorreremos 10 km ata A Vacariza.
Esperámosvos con moitas ganas a todos e todas!!
A maiores queriamos agradecervos por todas as axudas que esta recibindo o goteo. Grazas, sen vós esta loita non sería posible!
Por isto mesmo, en sinal de agradecemento, antes da saída da andaina gustaríanos plasmar a palabra GRAZAS con todos os participantes da actividade para agradecer a gran acollida do goteo. Estade atentos ás nosas redes que iremos dando máis detalles.
GRAZAS a todas!!