Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Extingamos o capitalismo: retos e perspectivas do movemento ecoloxista
Febreiro 28 @ 18:00 - 21:00

A Plataforma Ulloa Viva participará, o 28 de febreiro, nunha palestra organizada pola Coordinadora da Mocidade Socialista baixo o título “Extingamos o capitalismo: retos e perspectivas do movemento ecoloxista”. No evento participarán tamén a Plataforma veciñal Mina de Touro O Pino Non e Adega. Será á partir das 18:00 horas na Casa das Máquinas (rúa das Galeras, Compostela).
