Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Palestra en Teo sobre as ameazas do río Ulla

Mediateca do Grilo, Teo

O xoves 4 de decembro, ás 19.30 horas, Xocas Rubido, da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e Irene Tato, da Ulla Viva, falarán sobre a situación actual das ameazas sobre o río Ulla e as nosas vidas: a macrocelulosa de Altri e a Mina de Touro. Será na Mediateca do Grilo, en Teo.

De Melide a Compostela correndo polo Ulla

Melide , Spain

O domingo, 7 de decembro, realizarase unha carreira reivindicativa en defensa do río Ulla. Os e as participantes poderán facela completa dende Melide (50 Kms. saíndo ás 7:30 horas) ou incorporarse en calquera das etapas seguintes segundo os quilómetros que se queiran facer. A hora prevista de chegada a Compostela é as 13:30.    

A Ulloa terra de sacrificio?

Circo de Artesáns da Coruña

O martes,  9 de decembro, temos un interesante diálogo entre o escritor Suso de Toro e o xeógrafo da USC Horacio García. Será no salón de actos do Circo de Artesáns, na Coruña, ás 19:30 horas.

A ría de Arousa está en grave perigo

 Falarán: -Xulio Fernández, portavoz Plataforma Ulloa Viva -Julia Barbosa, portavoz Plataforma Veciñal mina de Touro O Pino NON -María Porto, presidenta das mariscadoras a pé de Carril. -Xaquín Rubido portavoz da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)

Proxección de “Filtrando a luz” en Palas de Rei

Casa de cultura de Palas de Rei

Este venres, 12 de decembro, realizarase en Palas de Rei a proxección do documental "Filtrando a luz", onde se fai crónica da historia do movemento ecoloxista galego dende os anos sesenta até a actualidade. No acto, que comezará ás 20:00 horas na casa de cultura, contarase coa presenza do director do filme, Xacobe Meléndrez Fassbender, …

Manifestación en Compostela: Altri non. Fóra xa.

Santiago de Compostela

O 14 de decembro, a Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa convocamos unha nova manifestación para dicir alto e claro: Altri non. Fóra xa. A marcha de protesta sairá da Alameda ás 12:00 horas baixo un lema: "Desde a Ulloa ata o mar, polas que somos e as que …

Proxección de “A loita final” en Touro

Casa de Cultura de Touro

O sábado, 14 de febreiro, proxectarase o documental A loita final en Touro, dirixido dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, e centrado na oposición ao Proxecto Gama na Terra do Medio. O acto será ás 19:30 horas e terá lugar na casa de cultura deste concello coruñés. Tralo visionado, haberá intervencións de …

Que pasa con Altri? A actualidade do Proxecto Gama en Arzúa

O venres, 20 de febreiro, Arzúa Viva organiza unha palestra para analizar a actualidade do Proxeto Gama. Participarán Montse Calvo, avogada especializada en dereito ambiental; e Xulio Fernández, portavoz na Plataforma Ulloa Viva. Será na Casa de Correos de Arzúa a partir das 20:00 horas.

Extingamos o capitalismo: retos e perspectivas do movemento ecoloxista

A Plataforma Ulloa Viva participará, o 28 de febreiro, nunha palestra organizada pola Coordinadora da Mocidade Socialista baixo o título "Extingamos o capitalismo: retos e perspectivas do movemento ecoloxista". No evento participarán tamén a Plataforma veciñal Mina de Touro O Pino Non e Adega. Será á partir das 18:00 horas na Casa das Máquinas (rúa …