Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Pase do documental “A loita final”, o 12 de xuño en Pontedeume
Casa da Cultura, Pontedeume Pº de Raxoi, 1, Pontedeume, A Coruña, SpainProxección do documental ‘A loita final’, dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, para dar visibilidade a problemática da instalación da macrocelulosa de Altri e coloquio coa productora.
Pase do documental “A loita final”, o 13 de xuño en Dodro
Pavillón polideportivo, Dodro Lugar de Tallós, s/n, Dodro, A Coruña, SpainVenres 13 de xuño ás 20 horas. Dodro (Pavillón de deportes). Organiza Concello de Dodro. Dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera. Un traballo que analiza os posibles efectos da implantación da planta de ALTRI en Palas de Rei, localidade que acolleu a súa estrea o pasado sábado, 12 de abril, na Casa …
Pase do documental “A loita final”, o 14 de xuño en Compostela
Numax, Santiago de Compostela Concepción Arenal, 9, Santiago de Compostela, A Coruña, SpainO acceso é gratuíto até completar aforo. A sesión contará coa presenza de Enrique Banet e Mabel Rivera, xunto coa neurocientífica Sonia Villapol.
Conferencia de Sonia Villapol, o 20 de xuño en Lugo
Vello Cárcere, Lugo Praza da Constitución, s/n, Lugo, Lugo, SpainCo título "A contaminación das celulosas e a nosa saúde: Que sabemos?. O caso de Altri", esta charla ofrece unha oportunidade para coñecer a visión experta de Sonia Villapol
Pase do documental “O Ulla sí”, o 20 de xuño en Rianxo
Auditorio, Rianxo Rúa dos autores da rianxeira, s/n, Rianxo, A Coruña, SpainO vindeiro venres 20 de xuño a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai dar acollida á proxección dun proxecto audiovisual colectivo para repensar o presente e futuro do Ulla: o documental O Ulla si, impulsado pola Fundación Entretantos coa colaboración de Agrocuir e a Plataforma Ulloa Viva.
Clima de mentiras: El caso de la macrocelulosa de Altri en Galicia, o 25 de xuño en Madrid
Espazo Ecooo, Madrid Escuadra, 11, Madrid, Madrid, SpainAnalizarase como a dereita e os intereses empresariais están a utilizar a desinformación climática para xustificar proxectos destrutivos como o de Altri
Feira “Fiando vida”, o 28 de xuño en Agolada
Os Pendellos (Agolada) Calella Maior, 9, Agolada, Pontevedra, SpainUnha feira onde reivindicar a moda sostible, vintage e de segunda man. Un tecido entre as nosas raíces e un futuro sen ALTRI!
“2060: A Ulloa que ven”, o 28 de maio en Palas de Rei
Concello, Palas de Rei Avenida de Compostela, 18, Palas de Rei, Lugo, SpainUn tour polo 2060 no que Altri non se instalou e no que a Ulloa se afianzou como referente en sostibilidade, soberanía alimentaria, innovación e diversidade.
50 Anos coidando a terra
13 de setembro en Navia. Organiza a asociación "Xuventude do Navia" - 11:00 h. Presentación das xornadas. Julia Gegunde García (Bióloga e secretaria da asociación Xuventude do Navia). - 11:15 h. Mesa redonda: A loita contra os encoros no Navia (1925-2025). - 14:30 h. Merenda campestre no Alargo (Praia Fluvial) coa actuación de Cantareiras Deiquí …
Manifestación contra os lumes
Santiago de Compostela"O EXPOLIO DO RURAL QUEIMA O MONTE E O FUTURO" Rural con futuro SI, vida SEMPRE.
Territorios (trans)feridos
Casa-escola de Peibás Antas de Ulla, SpainNun tempo no que o territorio rural se enfronta a presións extractivas e á sobrepresións turisticas cómpre repensar o papel do turismo como ferramenta para reforzar identidades, dinamizar economías locais e protexer a paisaxe viva. A Ulloa, corazón de Galicia e espazo de memoria e produción ven desenvolvendo un turismo con sentido, baseado na sustentabilidade, …
Proxección de “A loita final” en Arzúa
O venres, 17 de outubro, proxectarase na Casa de Correos de Arzúa o documental "A loita final", con Henrique Banet e Mabel Ribera. Será ás 20:00 horas e haberá, posteriormente, mesa redonda e uns petiscos con produtos locais.
