Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Na defensa do rural: encrucilladas e respostas participadas

Xornada organizada pola Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña ao redor de experiencias no eido social que promovan a participación cidadá na mellora do ben común. Os e as participantes poderán coñecer a fondo proxectos baseados no principio ético da xustiza ecosocial como a Eira da Xoana, Arqueixal ou a actividade da Plataforma Ulloa …

Nin Altri na Ulloa, nin Ence na Ría, nin ruína de Arousa

Liceo de Ourense Lamas Carvajal, 5, Ourense, Ourense, Spain

O Grupo Vivo da Plataforma Ulloa viva en Ourense organiza unha palestra baixo o título "Nin Altri na Ulloa, nin Ence na Ría, nin ruína de Arousa". Será no salón noble do Liceo de Ourense, o martes 4 de novembro, ás 19:30. Participarán Marta Gontá, voceira de Ulloa Viva; Antón Masa, presidente da Asociación pola …

Cadea humana en defensa do río Ulla

O domingo 9 de novembro, a Plataforma Ulloa Viva e Mina Touro O Pino Non organizamos unha marcha reivindicativa que sairá simultaneamente, ás 11:30 horas, de dous puntos: dende a Fervenza das Hortas: (https://maps.app.goo.gl/n5gPXEwJMPgnEAh58) e dende a igrexa de san Ramón de Portodemouros: (https://maps.app.goo.gl/gHKgyGvLfmVCbjuJ8). A intención é que ambas marchas conflúan ás 12:30 na ponte …

PREMIO FOUCE DE OURO 2025 Á PLATAFORMA ULLOA VIVA

Biblioteca Pública de Nigrán praza de Fornes s/n, Nigrán, Pontevedra, Spain

Este venres, 14 de novembro, Lucenza-Ateneo de Nigrán fará entrega á Plataforma Ulloa do Viva do premio Fouce de Ouro 2025, co que esta asociación distingue entidades que destacan pola súa defensa da terra e do medio ambiente. Neste acto, ao que asistirán o presidente e a secretaria de Ulloa Viva, Juan Pedro Sánchez e …

Palestra en Teo sobre as ameazas do río Ulla

Mediateca do Grilo, Teo

O xoves 4 de decembro, ás 19.30 horas, Xocas Rubido, da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e Irene Tato, da Ulla Viva, falarán sobre a situación actual das ameazas sobre o río Ulla e as nosas vidas: a macrocelulosa de Altri e a Mina de Touro. Será na Mediateca do Grilo, en Teo.

De Melide a Compostela correndo polo Ulla

Melide , Spain

O domingo, 7 de decembro, realizarase unha carreira reivindicativa en defensa do río Ulla. Os e as participantes poderán facela completa dende Melide (50 Kms. saíndo ás 7:30 horas) ou incorporarse en calquera das etapas seguintes segundo os quilómetros que se queiran facer. A hora prevista de chegada a Compostela é as 13:30.    

A Ulloa terra de sacrificio?

Circo de Artesáns da Coruña

O martes,  9 de decembro, temos un interesante diálogo entre o escritor Suso de Toro e o xeógrafo da USC Horacio García. Será no salón de actos do Circo de Artesáns, na Coruña, ás 19:30 horas.

A ría de Arousa está en grave perigo

 Falarán: -Xulio Fernández, portavoz Plataforma Ulloa Viva -Julia Barbosa, portavoz Plataforma Veciñal mina de Touro O Pino NON -María Porto, presidenta das mariscadoras a pé de Carril. -Xaquín Rubido portavoz da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)

Proxección de “Filtrando a luz” en Palas de Rei

Casa de cultura de Palas de Rei

Este venres, 12 de decembro, realizarase en Palas de Rei a proxección do documental "Filtrando a luz", onde se fai crónica da historia do movemento ecoloxista galego dende os anos sesenta até a actualidade. No acto, que comezará ás 20:00 horas na casa de cultura, contarase coa presenza do director do filme, Xacobe Meléndrez Fassbender, …