Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Calendario de Eventos
Pasados Eventos
Extingamos o capitalismo: retos e perspectivas do movemento ecoloxista
A Plataforma Ulloa Viva participará, o 28 de febreiro, nunha palestra organizada pola Coordinadora da Mocidade Socialista baixo o título "Extingamos o capitalismo: retos e perspectivas do movemento ecoloxista". No evento participarán tamén a Plataforma veciñal Mina de Touro O Pino Non e Adega. Será á partir das 18:00 horas na Casa das Máquinas (rúa …
Que pasa con Altri? A actualidade do Proxecto Gama en Arzúa
O venres, 20 de febreiro, Arzúa Viva organiza unha palestra para analizar a actualidade do Proxeto Gama. Participarán Montse Calvo, avogada especializada en dereito ambiental; e Xulio Fernández, portavoz na Plataforma Ulloa Viva. Será na Casa de Correos de Arzúa a partir das 20:00 horas.
Proxección de “A loita final” en Touro
Casa de Cultura de TouroO sábado, 14 de febreiro, proxectarase o documental A loita final en Touro, dirixido dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, e centrado na oposición ao Proxecto Gama na Terra do Medio. O acto será ás 19:30 horas e terá lugar na casa de cultura deste concello coruñés. Tralo visionado, haberá intervencións de …
