Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Loading Eventos

« Todos os Eventos

  • This evento has passed.

Adega: 50 anos coidando a terra, o 7 de xuño en Lugo

Xuño 7

Sábado 7 de xuño, todo o día. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos). Organiza Adega.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) celebra neste 2025 os seus 50 anos de loita e compromiso coa defensa da terra e do medio ambiente galego. Para conmemorar esta data, a entidade organiza un gran festival o sábado, 7 de xuño, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, baixo o nome de “ADEGA, 50 anos coidando a terra”.

A loita contra Altri terá o seu espazo no faladoiro, coa presentación de “Altri: evidencias e incertezas”, por Ana Fernández Santamariña, e cunha mesa con merchandaxe da Plataforma Ulloa Viva que ofrecerá información durante todo o día.

Todas as actividades

A música será unha das protagonistas da xornada, cun amplo programa de concertos de balde que se estenderán desde a mañá ata a madrugada.

O grupo Loita Amada, que regresa á carga, lidera o cartel de actuacións e será o encargado de pechar a noite cun concerto ás 23:30h no Pazo de Feiras. Completan o programa musical nomes como Filophóbicas (22:00h), Catro nun zoco (20:30h), Caivanca (19:00h), Uxía Lambona e a Banda Molona (17:00h), e Axeigo, que amenizará a romaría popular a partir das 13:30h no parque do río Miño. A xornada arrincará musicalmente co Proxecto Troupelear, da man de Branca Villares e Pablo Pintor, ás 12:00h no parque do río Miño.

Ademais, o festival acollerá unha feira máis de 30 postos de artesanía, produtos da terra e asociacións, que abrirá ao público ás 11:00 horas da mañá no interior do Pazo de Feiras. Nela poderanse atopar produtos do agro, ecolóxicos, artesanía e material de colectivos sociais como Ulloa Viva, Lugo por Palestina, Plataforma Feminista de Lugo ou o centro social Mádia Leva.

Carzas coas actividades do festival conmemorativo dos 50 anos de Adega

Detalles

Data:
Xuño 7
Website:
https://adega.gal/novas.php?id=1644&sec=7

Lugar

Pazo de Feiras e Congresos, Lugo
Avenida dos Deportes, s/n
Lugo, Lugo 27004 Spain

Organiza

Adega