Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.

Convocatoria de asemblea extraordinaria da plataforma
Maio 17 @ 16:00 - 18:30

Sábado 17 de maio, 16 horas. Palas de Rei (Pavillón dos Chacotes).
Como vimos de comunicar hai uns días xs socixs, o sábado 17 de maio de 2025 convocamos a unha asemblea extraordinaria.
Consulta aquí a documentación asociada á asemblea.
Lembramos aos socixs que se así o desexan poden presentar na asemblea emendas (verbais ou por escrito) ás propostas de acordo incluídas na parte resolutiva da Orde do día. Aos efectos de poder entregar ditas emendas ás persoas asistentes á Asemblea, a Xunta Directiva agradecería o envío das mesmas con antelación suficiente.