
Pase do documental “A Loita Final”, o 13 de maio en Ferrol
Maio 13 @ 19:00 - 21:00

Martes 13 de maio ás 19 horas. Ferrol (Ateneo Ferrolán). Organiza Asociación Cultural Fuco Buxán.
A Asociación cultural Fuco Buxán convídavos ao seu próximo acto, o visionado do documental: A LOITA FINAL.
Unha oportunidade de achegarnos á realidade dos posibles efectos da implantación da planta Altri en Palas de Rei. Posteriormente haberá un coloquio con Enrique e Mabel.
O documental xorde da preocupación suscitada polos efectos da implantación da macrocelulosa de Altri no corazón de Galicia. Este é un traballo imprescindíbel, no que unha decena de persoas expertas en eidos coma patrimonio, edafoloxía, agro, hidroloxía, economía, desenvolvemento rural ou saúde abordaron de maneira tan ampla coma crítica os posibles impactos da fábrica de celulosa na Ulloa, no río Ulla, na Ría de Arousa e no resto do noso país.