Como vimos de comunicar hai uns días xs socixs, a asemblea xeral ordinaria terá lugar o 20 de abril de 2025 na Casa da cultura de Palas de Rei, ás 16 h.
Coa finalidade de poder artellar e alixeirar a loxística da asemblea e facer as reservas pertinentes dos espazos, precisábamos estimar un número posible de persoas asistentes, e para iso necesitamos que nos achegues a seguinte información completando o formulario de inscrición na asemblea xeral. Ao mesmo tempo, no mesmo formulario existe información relevante para o acto que pode ser do teu interese.
Para ese mesmo día, propoñemos unha xornada máis completa de mañá, para que todo o mundo, tamén as persoas de máis lonxe, poidan desfrutar da convivencia.
- 12:00 Mesa redonda: Compartimos forzas, compartimos loitas.
- 12:00 Obradoiro para crianzas.
- 13:30 Sesión Vermú con Música.
- 14:30 Xantar libre popular.
- 15:30. Recepción e acreditación dos asistentes á Asemblea.
- 16:00 Primeira convocatoria da Asemblea.
- 16:30 Segunda convocatoria da Asemblea.
- 18:00 Acto de peche.

Nova canle de YouTube
Tamén nos gustaría lembrar que xa temos habilitada a canle de YouTube da plataforma, así como a nosa páxina web actualizada.

Moitas grazas pola colaboración, apoio e por ser parte da Plataforma Ulloa Viva!