A Plataforma Ulloa Viva celebra a exclusión de Altri dos fondos PERTE pero advirte que non son as únicas axudas solicitadas

A maior parte do financiamento pretendido por Altri será por outras vías.

A Plataforma Ulloa Viva celebra a exclusión de Altri dos fondos PERTE pero advirte que non son as únicas axudas solicitadas

De confirmarse a denegación a esta liña de subvencións, é unha moi boa noticia. A maior parte do financiamento pretendido por Altri será por outras vías. No momento en que se coñeza o texto da denegación será moi relevante o criterio.

Non hai que esquecer que o proxecto Altri depende de dúas resolucións (AAI e PEI) que van ser outorgadas pola Xunta con independencia de que teña ou non financiamento de axudas UE. A batalla continúa, con independencia da boa nova da negativa a esta subvención. A empresa ten declarado que ten solicitada outras liñas de financiamento que pode facer posible a súa instalación, por iso a mobilización social é relevante en todas as súas formas para poder dicir alto e claro que non queremos Altri.

É importante para nós saber os criterios de denegación xa que o incumprimento dos principios DNSH (non causar dano significativo) é un criterio transversal que podería comprometer a concesión de outro tipo de liñas.

Lembrar tamén que temos aberta unha campaña de financiamento colectivo en goteo para costear a batalla legal da plataforma veciñal que xa vai por máis de 25.000 euros de recadación e aproxímanse datas importantes en canto a mobilizacións: baixada en defensa do Ulla o 4 de maio, concentración diante do congreso dos deputados o 8 de maio en Madrid e marcha contra as celulosas 1 de Xuño!

Creado o: 23/04/2025 | Etiquetado en: 2025 Abril