
A Ulloa berrou “Altri non” nunha manifestación histórica contra as celulosas e a prol dun rural vivo – Praza Pública
Milleiros de persoas chegadas dende todo o país ateigaron Palas de Rei na manifestación contra o proxecto de celulosa. “Ríos para a vida e non para o negocio” foi unha das mensaxes máis repetidas nunha marcha que contou coa participación de entidades veciñais, sociais e ecoloxistas de todo o país.