
A xira de Altri pola Ulloa na defensa da súa fábrica principia e queda suspendida entre protestas – Praza Pública
A compañía portuguesa defende ante veciñanza da Ulloa que devolverá auga ao río en condicións “excelentes” ou que non propiciará novas plantacións de eucalipto, pero tamén admite que aínda non ten os terreos e supedita a instalación á obtención de fondos públicos. Ulloa Viva pon o foco nos riscos ambientais e socioeconómicos da “macrocelulosa”. A dirección do BNG subliña a súa oposición a unha “bomba ambiental” que “parte dunha mentira” e o PSdeG de Palas fai público o seu “non” por razóns ambientais e porque “pon en risco a viabilidade dos sectores tractores da nosa comarca”