
Adega abre unha nova vía para invalidar unha eventual autorización da macrocelulosa de Altri na Ulloa
A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) reclamou esta quinta feira á Xunta da Galiza a anulación da declaración de impacto ambiental (DIA) e o rexeitamento da autorización ambiental integrada (AAI) do proxecto de celulosa presentado por Altri para a Ulloa.Tamén solicitou que sexa sometida ao trámite de información pública a solicitude de AAI, o estudo de impacto ambiental e a declaración de utilidade pública da proposta da multinacional portuguesa.