
“Unha expansión estratéxica que aumenta a presión sobre o territorio galego”: Altri asegúrase toneladas de eucalipto da Galiza
Nun momento de pleno debate sobre a extensión (ou non) dunha moratoria do eucalipto na Galiza que se extinguirá a final de ano, Altri dá un paso adiante no control das plantacións desta especie no territorio galego coa compra de Greenalia Forest e Greenalia Logistics. Mentres tanto, o debate sobre a moratoria desta especie invasora aumenta ante a ausencia dunha normativa que regule a súa explotación.