Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Grupos Vivos
Romaría Viva de Santiso
Xornada reivindicativa no Concello de Santiso A xornada comeza as 11:00h cunha andaina de 8 km desde o Pavillón Multiusos de Visantoña ata o encoro de Portodemouros. Continuamos coa sesión vermú como toda boa romaría. Logo haberá unha zona habilitada para poder xantar polvo e churraco. Ás 20:00 horas terá lugar unha mesa informativa para …
Proxección documental
Proxección en compostela do documental Altri: A sede insostible
Foliada Viva Arzúa
Local social Santa MaríaO 23 de novembro temos todos unha cita en Arzúa. Foliada na defensa da terra!
Mesa redonda e debate
En Palas de Rei, na casa da cultura, tivo lugar fai xa dous anos a primeira charla e debate veciñal sobre o proxecto de ALTRI e Greenalia. Este xoves, volvemos a facer unha xuntanza para recordar, para entender e compartir, porque seguimos loitando dous anos despois. Agardámoste