Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Productoras na Feira de Santos
Cando? día da feira de santos, día 1 de novembro estaremos produtorxs da terra do medio Onde ? No local da plataforma en Monterroso Por qué ? Porque nunha das feiras máis antigas de Galicia temos que amosar que as produtoras somos parte imprescindible para seguir construíndo un rural vivo, habitado, respetuoso co medio e …
Romaría Viva de Santiso
Xornada reivindicativa no Concello de Santiso A xornada comeza as 11:00h cunha andaina de 8 km desde o Pavillón Multiusos de Visantoña ata o encoro de Portodemouros. Continuamos coa sesión vermú como toda boa romaría. Logo haberá unha zona habilitada para poder xantar polvo e churraco. Ás 20:00 horas terá lugar unha mesa informativa para …
𝐈 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐚𝐥 𝐒𝐚𝐥𝐯𝐚𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞𝐬
A Comunidade de Montes de Tameiga e a plataforma Ulloa Viva únense para celebrar o 𝐈 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐚𝐥 𝐒𝐚𝐥𝐯𝐚𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞𝐬! Os días 15 e 16 de novembro, a sala Rebullón converterase no epicentro da defensa da nosa terra e dos recursos naturais, con todos os beneficios a favor da plataforma Ulloa Viva (@plataformaulloaviva). Este festival nace como …
Proxección documental
Proxección en compostela do documental Altri: A sede insostible
Foliada Viva Arzúa
Local social Santa MaríaO 23 de novembro temos todos unha cita en Arzúa. Foliada na defensa da terra!
Lalín e a celulosa de ALTRI
¿Cres que a celulosa de ALTRI- GREENALIA que se pretende instalar na Ulloa non lle afecta a Lalín? Agardámoste as 20:00 horas no Casino, da mán de dous expertos, descubrirás por qué o 15 de decembro o teu sitio é Santiago de Compostela berrando ALTRI NON!
Charla informativa en Pontevedra
Da man da nosa compañeira Ana, poderás entender mellor porque o 15 de decembro todas as galegas e galegos temos que ir berrar xuntos ALTRI NON! Esta loita é polo presente, pero sobre todo, é polo futuro. A AUGA É NOSA
Hoxe primeiro obradoiro da “FOTO DO FUTURO” en Antas!
En que consiste? O obradoiro "Foto do Futuro" é unha xuntanza colectiva para contar as nosas historias e compartir maneiras de vivir do noso territorio. Falaremos do arquivo que albergamos e mantemos vivo mediante obxectos e fotografías. Importante: levar unha fotografía ou obxecto persoal para acudir á xuntanza Quen o organiza? Somos Laura e Paloma. …
Mesa redonda e debate
En Palas de Rei, na casa da cultura, tivo lugar fai xa dous anos a primeira charla e debate veciñal sobre o proxecto de ALTRI e Greenalia. Este xoves, volvemos a facer unha xuntanza para recordar, para entender e compartir, porque seguimos loitando dous anos despois. Agardámoste
O obradoiro “FOTO DO FUTURO” Monterroso
En que consiste? O obradoiro "Foto do Futuro" é unha xuntanza colectiva para contar as nosas historias e compartir maneiras de vivir do noso territorio. Falaremos do arquivo que albergamos e mantemos vivo mediante obxectos e fotografías. Importante: levar unha fotografía ou obxecto persoal para acudir á xuntanza Quen o organiza? Somos Laura e Paloma. …