Campaña para financiar a estratexia xudicial da Plataforma Ulloa Viva para frear a instalación da macrocelulosa de Altri
Defendémonos grazas a moito traballo feito de forma voluntaria. Pero agora, precisamos os recursos económicos para as diferentes accións xudiciais
“Non somos terra de sacrificio”, o 6 de maio en Ourense
Edificio de Ferro, Ourense Rúa Telleira, 7, Ourense, Ourense, SpainToda a cidadanía convidada a participar neste faladoiro “Non somos terra de sacrificio: Comunidades en loita pola defensa do territorio e da vida”, con expertos e plataformas, no marco da celebración das II Xornadas de Traballo Social Ecosocial.
Pase do documental “A Loita Final”, o 7 de maio na Torre
Casa Común, A Torre Lugar Torre, 64, Teo, A Coruña, SpainUnha obra na que Mabel Rivera e Enrique Banet profundizan sobre o proxecto de instalación dunha macrocelulosa en Palas de Rei, e a afectación que terá a toda a zona
Concentración “Altri Non!”, 8 de maio en Madrid
Congreso dos Deputados, Madrid Plaza de las Cortes, 1, Madrid, Madrid, SpainEstaremos ante o Congreso dos deputados para esixir ao goberno español que rexeite a macrocelulosa e respecte a vontade do pobo galego.
Pase do documental “A Loita Final”, o 9 de maio en Pontevedra
Facultade de Belas Artes, Pontevedra Maestranza, 2, Pontevedra, Pontevedra, SpainDirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, sobre os posibles efectos da implantación da macrocelulosa de Altri no corazón de Galicia.
Pase do documental “A Loita Final”, o 13 de maio en Ferrol
Ateneo Ferrolán, Ferrol Rúa Magdalena 202, Ferrol, A Coruña, SpainUnha oportunidade de achegarnos á realidade dos posibles efectos da implantación da planta Altri en Palas de Rei. Posteriormente haberá un coloquio con Enrique e Mabel.
Marcha contra as celulosas: Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa, 1 de xuño en Marín e Pontevedra
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) xunto á Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (Pedra) convocamos unha nova Marcha, desta volta contra Ence e Altri e con carácter nacional.