Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Conferencia de Sonia Villapol, o 20 de xuño en Lugo

Vello Cárcere, Lugo Praza da Constitución, s/n, Lugo, Lugo, Spain

Co título "A contaminación das celulosas e a nosa saúde: Que sabemos?. O caso de Altri", esta charla ofrece unha oportunidade para coñecer a visión experta de Sonia Villapol

Pase do documental “O Ulla sí”, o 20 de xuño en Rianxo

Auditorio, Rianxo Rúa dos autores da rianxeira, s/n, Rianxo, A Coruña, Spain

O vindeiro venres 20 de xuño a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai dar acollida á proxección dun proxecto audiovisual colectivo para repensar o presente e futuro do Ulla: o documental O Ulla si, impulsado pola Fundación Entretantos coa colaboración de Agrocuir e a Plataforma Ulloa Viva.

“2060: A Ulloa que ven”, o 28 de maio en Palas de Rei

Concello, Palas de Rei Avenida de Compostela, 18, Palas de Rei, Lugo, Spain

Un tour polo 2060 no que Altri non se instalou e no que a Ulloa se afianzou como referente en sostibilidade, soberanía alimentaria, innovación e diversidade.

50 Anos coidando a terra

13 de setembro en Navia. Organiza a asociación "Xuventude do Navia" - 11:00 h. Presentación das xornadas. Julia Gegunde García (Bióloga e secretaria da asociación Xuventude do Navia). - 11:15 …

Territorios (trans)feridos

Casa-escola de Peibás Antas de Ulla, Spain

Nun tempo no que o territorio rural se enfronta a presións extractivas e á sobrepresións turisticas cómpre repensar o papel do turismo como ferramenta para reforzar identidades, dinamizar economías locais …

Proxección de “A loita final” en Arzúa

O venres, 17 de outubro, proxectarase na Casa de Correos de Arzúa o documental "A loita final", con Henrique Banet e Mabel Ribera. Será ás 20:00 horas e haberá, posteriormente, …

Nin Altri na Ulloa, nin Ence na Ría, nin ruína de Arousa

Liceo de Ourense Lamas Carvajal, 5, Ourense, Ourense, Spain

O Grupo Vivo da Plataforma Ulloa viva en Ourense organiza unha palestra baixo o título "Nin Altri na Ulloa, nin Ence na Ría, nin ruína de Arousa". Será no salón …