Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Loading Eventos

« Todos os Eventos

  • This evento has passed.

Excursión do Ateneo Atlántico á comarca da Ulloa en Lugo, 26 de abril

Abril 26

Vista do castelo de Pambre

Sábado 26 de abril de 8:30 a 21 horas. Saída de Vigo (Antigo Reitorado). Organiza: Ateneo Atlántico.

O Ateneo Atlántico propón unha excursión á Ulloa con especial atención nos valores arquitectónicos, económicos e sociais da comarca, en risco pola ameaza de Altri.

Visitarase:

  • O Castelo de Pambre, último bastión irmandiño, guiados por Lalo, do Instituto de Estudos Ulloáns.
  • A igrexa de Vilar de Donas con fermosos murais góticos.
  • Avistaremos o panorama onde Altri pretende facer a unha desfeita ecolóxica e paisaxística, coa beizón da Xunta de Galicia.
  • Despois de xantar iremos acompañados de María á @granxamaruxa, onde nos ensinará como se crían vacas de xeito ecolóxico para conseguir o leite máis premiado e os seus derivados.

Prezo: 55€ para persoas socias e 65€ para non socias (inclúe os traslados, a comida, o seguro e as visitas guiadas). Inscricións por WhatsApp ao número 635685838 a partir do luns 21.

Toda a información detallada.

Organiza

Ateneo Atlántico, Vigo