Mesa redonda e debate

En Palas de Rei, na casa da cultura, tivo lugar fai xa dous anos a primeira charla e debate veciñal sobre o proxecto de ALTRI e Greenalia. Este xoves, volvemos a facer unha xuntanza para recordar, para entender e compartir, porque seguimos loitando dous anos despois. Agardámoste

O obradoiro  “FOTO DO FUTURO” Monterroso

En que consiste? O obradoiro  "Foto do Futuro" é unha xuntanza colectiva para  contar as nosas historias e compartir maneiras de vivir do noso territorio. Falaremos do arquivo que albergamos e mantemos vivo mediante obxectos e fotografías.  Importante: levar unha fotografía ou obxecto persoal para acudir á xuntanza Quen o organiza? Somos Laura e Paloma. …

Concentracións na bacía do Ulla

Este domingo 16 de marzo, a partir das 12, a Plataforma Ulloa Viva convoca a veciños e veciñas a concentrarse diante dos seus concellos en protesta pola aprobación por parte da Xunta do informe ambiental da macrocelulosa Altri. Agolada: Pz. do Concello. Antas: Pz. do Concello. Arzúa: Pz. de Galicia. A Ulla Viva: Ponte de …

Manifestación por terra e por mar: Non a Altri, Non á mina de Touro – O Pino

Estación de autobuses - A Pobra do Caramiñal Carretera del Puerto Comercial s/n, A Pobra do Caramiñal, Pontevedra, Spain

A Pobra do Caramiñal. 22 de marzo de 2025, 12 h. Saída da Estación de autobuses. Neste 22 de marzo, acompañaremos á Plataforma en Defensa da Ría de Arousa a reclamar, entre outras cousas, a protección do marisqueo fronte aos proxectos extractivistas que queren acabar cos recursos naturais dos que dispoñemos. Consulta os autobuses e …

Presentación do documental “A Loita Final”

Casa da Cultura, Palas de Rei Praza da Ulloa, s/n, Palas de Rei, Lugo, Spain

Convidámosvos o vindeiro sábado 12 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Palas de Rei, á presentación do documental "A Loita Final". Un documental dirixido por Enrique Banet e producida por Mabel Rivera sobre os posibles efectos da implantación da fábrica de macrocelulosa Altri no corazón de Galicia. Esperámosvos!

Convocatoria de asemblea xeral ordinaria da plataforma

Casa da Cultura, Palas de Rei Praza da Ulloa, s/n, Palas de Rei, Lugo, Spain

Como vimos de comunicar hai uns días xs socixs, a asemblea xeral ordinaria terá lugar o próximo domingo, 20 de abril de 2025.

Estrea da película “O Ulla Si”, 26 de abril en Antas de Ulla

Casa da Cultura, Antas de Ulla Calle Miguel Ángel, 20, Antas de Ulla, Lugo, Spain

Sábado 26 de abril, 18:30 horas. Antas de Ulla (Casa da Cultura). Tras meses de proceso participativo de organización, gravación e post produción, chega a estrea mundial de "O Ulla Si", un proxecto audiovisual da Fundación Entretantos (coa colaboración de Agrocuir e Plataforma Ulloa Viva) para repensar o presente e futuro do Ulla. Esta película …

Estrea da película “O Ulla Si”, 27 de abril en Agolada

Auditorio Municipal, Agolada Agolada, Pontevedra, Spain

Domingo 27 de abril, 12:00 horas. Agolada (Auditorio Municipal de Agolada). Tras meses de proceso participativo de organización, gravación e post produción, chega a estrea mundial de "O Ulla Si", un proxecto audiovisual da Fundación Entretantos (coa colaboración de Agrocuir e Plataforma Ulloa Viva) para repensar o presente e futuro do Ulla. Esta película nace …