Nunha manifestación sen precedentes na nosa contorna quixemos facernos ver e oir. Quixemos demostrar que estamos unidos, que non nos van pasar por encima, que o progreso non é a privatización dos recursos e bens máis básicos terra, aire e auga, que actualmente son de todos, e nun futuro serán das nosas fillas, porque entre todos os protexeremos, por ese motivo a macrocelulosa de ALTRI e Greenalia non ten cabida, nin a pedimos nin a precisamos
Dende a Ulloa ata a ría TERRA, AIRE e AUGA son vida