
Expediente
A Xunta recoñeceu a nosa condición de parte interesada en relación ao procedemento do proxecto de Altri. Isto permite un acceso total ao expediente, que levábamos tempo demandando. Estamos traballando xa no exame de toda a documentación.
Acceso ao expediente completo (6,94 GB)
Campaña de recollida de sinaturas
Reclamamos a Alfonso Rueda que a Xunta exerza as súas competencias e denegue e posteriormente arquive de vez os proxectos da macrocelulosa en Palas de Rei e a mina en Touro-O Pino. Non podemos permitir que sigan adiante proxectos que ameazan o Río Ulla, a Ría de Arousa e as nosas vidas.
Os procedementos administrativos que se están a desenvolver pola Xunta a respecto do proxecto de celulosa de Altri non se axustan a Dereito. Polo tanto, o que corresponde a estas alturas é que por parte da Xunta se resolva expresamente sobre o fondo da solicitude, desestimándoa dunha vez por todas. Descarga o documento
