Histórica Manifestación veciñal
A veciñanza saiu a rúa con un berro unánime "Altri Non", gandeiras, agricultoras, mariscadoras, bateeiras, pescadoras, nenas, rapazas, nais, avoas, en definitiva, persoas do común empatizando entre nós e con nós. Acabouse o abuso, o desprezo e ese medo que rumba moitas veces na cabeza da xente "cala que aínda te metes nun lío", pois non, NON IMOS CALAR, non imos deixar que ninguén lle roube o futuro ás nosas fillas, como sociedade temos unha responsabilidade con elas e co entorno do que vivimos. Deixaremos un legado digno, así o decidimos xuntas.
Grazas! tremendamente orgullosas de vos, e tremendamente agradecidas por unirvos a loita lexítima de defender, terra, auga e aire.