Convocatoria de asemblea xeral ordinaria da plataforma

Convocatoria de asemblea xeral ordinaria da plataforma

Como vimos de comunicar hai uns días xs socixs, a asemblea xeral ordinaria terá lugar o 20 de abril de 2025 nos Chacotes en Palas de Rei, ás 16 h.

Coa finalidade de poder artellar e alixeirar a loxística da asemblea e facer as reservas pertinentes dos espazos, precisábamos estimar un número posible de persoas asistentes, e para iso necesitamos que nos achegues a seguinte información completando o formulario de inscrición na asemblea xeral. Ao mesmo tempo, no mesmo formulario existe información relevante para o acto que pode ser do teu interese.

Para ese mesmo día, propoñemos unha xornada máis completa de mañá, para que todo o mundo, tamén as persoas de máis lonxe, poidan desfrutar da convivencia.

Tamén nos gustaría lembrar que xa temos habilitada a canle de YouTube da plataforma, así como a nosa páxina web actualizada.

Captura de pantalla da canle de youtube da plataforma

Moitas grazas pola colaboración, apoio e por ser parte da Plataforma Ulloa Viva!