
Concentración “Altri Non!”, 8 de maio en Madrid
Maio 8 @ 19:00 - 20:30

Xoves 8 de maio, 19 horas. Madrid (Congreso dos Deputados). Organizan: Plataforma Ulloa Viva, Ecologistas en acción e Greenpeace.
No corazón de Galicia pretenden construír unha macro fábrica de celulosa que verterá case 30 millóns de litros ao día de auga contaminada ao río Ulla.
A multinacional Altri esixe ao goberno español unha subvención de 250 millóns de euros para poñer en marcha o seu proxecto. Non podemos permitir que este atentado ambiental reciba diñeiro público.
O xoves 8 de maio ás 19 h estaremos ante o Congreso dos deputados para esixir ao goberno español que rexeite a macrocelulosa e respecte a vontade do pobo galego.