
Presentación da película “O Ulla Si!” e coloquio, 4 de maio en Numax, Compostela
Maio 4 @ 17:30 - 19:30

Domingo 4 de maio, 17:35 horas. Santiago de Compostela (Numax).
Numax celebra un pase solidario do documental “O Ulla Si!” en Compostela. A sesión ten unha tarifa única de 5€ e toda a recadación irá integramente destinada á Plataforma Ulloa Viva, que está levando a cabo unha campaña de doazóns para pagar a batalla legal contra Altri. Podes reservar a túa entrada na billeteira e na web dos cinemas.
Esta película nace dunha reflexión colectiva nas comarcas galegas da Ulloa, Terras de Deza e Terras de Melide. Todas elas son áreas afectadas polo proxecto de Altri e Greenalia, que pretende instalar unha macrofábrica de celulosa. A través de diversos materiais e linguaxes audiovisuais, captura as paisaxes, os pensamentos e as vidas do territorio con sinxeleza e honestidade. As voces e a memoria oral, que flúen ao longo do documental como o propio río Ulla, son a alma deste relato colectivo.
A sesión contará con presentación e coloquio por parte de membros da Plataforma Ulloa Viva.