
Pase do documental “A Loita Final”, o 9 de maio en Pontevedra
Maio 9 @ 19:30 - 21:30

Venres 9 de maio ás 19:30 horas. Pontevedra (Facultade de Belas Artes). Organiza Asociación pola defensa da ría.
Dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, sobre os posibles efectos da implantación da macrocelulosa de Altri no corazón de Galicia. Un traballo imprescindíbel para explicar os impactos que provocaría a instalación da macrocelulosa Altri na Ulloa, no río Ulla e na ría de Arousa e que tamén afectaría negativamente ao resto do país.