Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Nin Altri na Ulloa, nin Ence na Ría, nin ruína de Arousa
Novembro 4 @ 19:30 - 21:30

O Grupo Vivo da Plataforma Ulloa viva en Ourense organiza unha palestra baixo o título “Nin Altri na Ulloa, nin Ence na Ría, nin ruína de Arousa”. Será no salón noble do Liceo de Ourense, o martes 4 de novembro, ás 19:30. Participarán Marta Gontá, voceira de Ulloa Viva; Antón Masa, presidente da Asociación pola Defensa da Ría (APDR); e Xaquín Rubido “Xocas”, voceiro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA).
