Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Manifestación en Compostela: Altri non. Fóra xa.
Decembro 14 @ 12:00 - 15:00

O 14 de decembro, a Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa convocamos unha nova manifestación para dicir alto e claro: Altri non. Fóra xa. A marcha de protesta sairá da Alameda ás 12:00 horas baixo un lema: “Desde a Ulloa ata o mar, polas que somos e as que virán”.
