Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
De Melide a Compostela correndo polo Ulla
Decembro 7 @ 07:30 - 14:00

O domingo, 7 de decembro, realizarase unha carreira reivindicativa en defensa do río Ulla. Os e as participantes poderán facela completa dende Melide (50 Kms. saíndo ás 7:30 horas) ou incorporarse en calquera das etapas seguintes segundo os quilómetros que se queiran facer. A hora prevista de chegada a Compostela é as 13:30.
