Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Presentación do nº 8 de Cairón, con artigos sobre o conflito de Altri, o 11 de maio en Palas de Rei

Concello, Palas de Rei Avenida de Compostela, 18, Palas de Rei, Lugo, Spain

Domingo 11 de maio ás 12 horas. Palas de Rei (Salon de plenos da Casa do Concello). Organiza Instituto de Estudos Ulloáns (IEU). Este boletín do Instituto de Estudos Ulloáns presenta un especial sobre "O conflito de Altri": “A liberdade da auga. Conferencia en Melide”. Autor: Joaquín Araújo. Tradución ao galego: Xulio Cuba Orosa. “O …

Pase do documental “A Loita Final”, o 13 de maio en Ferrol

Ateneo Ferrolán, Ferrol Rúa Magdalena 202, Ferrol, A Coruña, Spain

Unha oportunidade de achegarnos á realidade dos posibles efectos da implantación da planta Altri en Palas de Rei. Posteriormente haberá un coloquio con Enrique e Mabel.

Desenvolvemento sostible e cultura do coidado, 27 de maio en Teis

Local da nosa Sra. das Neves, Teis Avenida de Galicia, 37, Teis, Pontevedra, Spain

Este martes 27 de maio, Plataforma Ulloa Viva formará parte da mesa redonda “Desenvolvemento sostible e cultura do coidado”, nos 10 anos da encíclica Laudato Si.