Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Calendario de Eventos

Pasados Eventos

PREMIO FOUCE DE OURO 2025 Á PLATAFORMA ULLOA VIVA

Biblioteca Pública de Nigrán praza de Fornes s/n, Nigrán

Este venres, 14 de novembro, Lucenza-Ateneo de Nigrán fará entrega á Plataforma Ulloa do Viva do premio Fouce de Ouro 2025, co que esta asociación distingue entidades que destacan pola súa defensa da terra e do medio ambiente. Neste acto, ao que asistirán o presidente e a secretaria de Ulloa Viva, Juan Pedro Sánchez e …

Cadea humana en defensa do río Ulla

O domingo 9 de novembro, a Plataforma Ulloa Viva e Mina Touro O Pino Non organizamos unha marcha reivindicativa que sairá simultaneamente, ás 11:30 horas, de dous puntos: dende a Fervenza das Hortas: (https://maps.app.goo.gl/n5gPXEwJMPgnEAh58) e dende a igrexa de san Ramón de Portodemouros: (https://maps.app.goo.gl/gHKgyGvLfmVCbjuJ8). A intención é que ambas marchas conflúan ás 12:30 na ponte …

Nin Altri na Ulloa, nin Ence na Ría, nin ruína de Arousa

Liceo de Ourense Lamas Carvajal, 5, Ourense

O Grupo Vivo da Plataforma Ulloa viva en Ourense organiza unha palestra baixo o título "Nin Altri na Ulloa, nin Ence na Ría, nin ruína de Arousa". Será no salón noble do Liceo de Ourense, o martes 4 de novembro, ás 19:30. Participarán Marta Gontá, voceira de Ulloa Viva; Antón Masa, presidente da Asociación pola …