- Este evento ha pasado.
𝐈 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐚𝐥 𝐒𝐚𝐥𝐯𝐚𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞𝐬
noviembre 16
A Comunidade de Montes de Tameiga e a plataforma Ulloa Viva únense para celebrar o 𝐈 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐚𝐥 𝐒𝐚𝐥𝐯𝐚𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞𝐬!
Os días 15 e 16 de novembro, a sala Rebullón converterase no epicentro da defensa da nosa terra e dos recursos naturais, con todos os beneficios a favor da plataforma Ulloa Viva (@plataformaulloaviva). Este festival nace como unha resposta contundente á ameaza que representan diversos macroproxectos económicos e comerciais que poñen en risco as nosas áreas naturais, coa colaboración da administración autonómica. Entre eles, destacan o proxecto GS360 e a planta de celulosa de Altri en Palas de Rei.
Seis bandas galegas unirán as súas forzas para ofrecer un evento solidario, en previsión da manifestación nacional que terá lugar en decembro en Compostela.
Venres 15 de novembro:
Tiam GZ: unha explosión de rap e festa que celebra a nosa cultura con ritmos vibrantes.
Flow do Toxo: un grupo feminino de rap reivindicativo que fará eco das voces do rural.
Willow GHZ: un artista emerxente que está dando que falar na escena do hip hop galego.
Sábado 16 de novembro:
O Leo de Matamá: unha irreverente mestura de rock e punk, con letras que invitan á reflexión e á risa.
Sun Iou: a nova promesa do rock&roll en galego que non podes perder.
Ruxe Ruxe: referentes do rock e punk galego que traen toda a súa traxectoria á sala.
Únete a nós para defender a nosa terra! A música e a natureza agárdanche. Xuntos, podemos preservar os nosos recursos naturais e asegurar un futuro sustentable para Galicia.
Entrada Anticipada 1 día: 10€ / Abono anticipado 2 días: 15€
Entrada Billeteira 1 día: 13€ / Abono 18€
Entradas físicas á venda: Cantina As Pedriñas (@cantinaaspedrinas)
Entrada web: ligazón en bio
Venres 15 e sábado 16 de novembro
21:00h
Avda. Rebullón Nº 23 – Tameiga