Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Loading Eventos

« Todos os Eventos

“2060: A Ulloa que ven”, o 28 de maio en Palas de Rei

Xuño 28 @ 10:30 - 15:00

Cartaz da actividade "2060: A Ulloa que ven", onde varias persoas sinalan unhas árbores

28 de maio ás 10:30 horas. Palas de Rei. Organiza Concomitentes.

Convidámoste, o próximo 28 de xuño, en Palas de Rei (Lugo), a “2060: a Ulloa que xa vén”, unha acción performativa coa que emularemos un tour guiado pola Ulloa do 2060, nun futuro no que Altri non se instalou e no que a comarca se afianzou como referente en sostibilidade, soberanía alimentaria, innovación e diversidade. Con esta acción amosaremos a que dicimos si cando dicimos Altri Non.

Á actividade acudirán persoas dos eidos agrogandeiro, cultural, político e académico tanto de nivel galego coma estatal.

Consulta toda a información.

Detalles

Data:
Xuño 28
Hora:
10:30 - 15:00
Website:
https://plataformaulloaviva.com/2060-ulloa-ven-tour-performativo-concomitentes/

Lugar

Concello, Palas de Rei
Avenida de Compostela, 18
Palas de Rei, Lugo 27200 Spain
+ Mapa de Google

Organiza

Concomitentes