
Campaña para financiar a estratexia xudicial da Plataforma Ulloa Viva para frear a instalación da macrocelulosa de Altri
Abril 20 @ 08:00 - Maio 29 @ 23:30

Dende o momento no que se coñeceron, a través da prensa, os plans da Xunta de Galicia e da multinacional Altri para construír a macrocelulosa, a Plataforma Ulloa Viva adquiriu a responsabilidade de organizar á veciñanza, informar, traducir, sensibilizar e representar aos veciños e veciñas, así como a calquera persoa afectada por este macro proxecto, declarado pola Xunta de Galicia como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE).
Defendémonos grazas a moito traballo feito de forma voluntaria. Pero agora, precisamos os recursos económicos desta campaña de financiamento colectivo para afrontar, con solvencia económica, técnica e xurídica, as diferentes accións administrativas e, sobre todo, xudiciais, que a Plataforma Ulloa Viva considere necesario emprender contra das resolucións administrativas de autorización que poidan ser concedidas á macrocelulosa, así como, no seu caso, o outorgamento de subvencións públicas á mesma. Entre as principais accións xurídicas inclúense a impugnación xudicial, como mínimo, de 3 actos administrativos: captación de augas, Autorización Ambiental Integrada (AAI) e Proxecto Industrial Estratéxico (PIE).
Fai aquí a túa doazón: