Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.

- This evento has passed.
Excursión do Ateneo Atlántico á comarca da Ulloa en Lugo, 26 de abril
Abril 26

Sábado 26 de abril de 8:30 a 21 horas. Saída de Vigo (Antigo Reitorado). Organiza: Ateneo Atlántico.
O Ateneo Atlántico propón unha excursión á Ulloa con especial atención nos valores arquitectónicos, económicos e sociais da comarca, en risco pola ameaza de Altri.
Visitarase:
- O Castelo de Pambre, último bastión irmandiño, guiados por Lalo, do Instituto de Estudos Ulloáns.
- A igrexa de Vilar de Donas con fermosos murais góticos.
- Avistaremos o panorama onde Altri pretende facer a unha desfeita ecolóxica e paisaxística, coa beizón da Xunta de Galicia.
- Despois de xantar iremos acompañados de María á @granxamaruxa, onde nos ensinará como se crían vacas de xeito ecolóxico para conseguir o leite máis premiado e os seus derivados.
Prezo: 55€ para persoas socias e 65€ para non socias (inclúe os traslados, a comida, o seguro e as visitas guiadas). Inscricións por WhatsApp ao número 635685838 a partir do luns 21.