Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.

- This evento has passed.
Pase do documental “A loita final”, o 12 de xuño en Pontedeume
Xuño 12 @ 08:00 - 17:00

Xoves 12 de xuño ás 19:30 horas. Pontedeume (Casa da Cultura). Organiza Ateneo Eumés Fernán Martís.
Proxección do documental ‘A loita final’, dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, para dar visibilidade a problemática da instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei (A Ulloa). A seguir coloquio con Mabel productora do filme.
Neste traballo totalmente independente, unha serie de persoas expertas en diversos eidos abordaron de maneira ampla e crítica os posibles impactos desta fábrica de celulosa, que conta cun alarmante informe por parte do Consello da Cultura Galega.