Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.

- This evento has passed.
Pase do documental “A loita final”, o 13 de xuño en Dodro
Xuño 13 @ 20:00 - 21:30

Venres 13 de xuño ás 20 horas. Dodro (Pavillón de deportes). Organiza Concello de Dodro.
Dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera. Un traballo que analiza os posibles efectos da implantación da planta de ALTRI en Palas de Rei, localidade que acolleu a súa estrea o pasado sábado, 12 de abril, na Casa da Cultura.
O documental xorde a raíz da preocupación suscitada polas posibilidades de que un proxecto da envergadura do proxecto industrial da celulosa portuguesa e Greenalia se puidese realizar.
O concello convida á veciñanza a acudir á proxección para coñecer algo máis de esta ameaza e reflexionar sobre as consecuencias para nosa terra.