Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Loading Eventos

« Todos os Eventos

Pase do documental “A loita final”, o 14 de xuño en Compostela

Xuño 14 @ 12:00 - 13:30

Cartaz do documental "A loita final"

Sábado 14 de xuño ás 12 horas. Compostela (cinema Numax). Organiza Numax.

A finais de 2022 empezouse a coñecer un proxecto de fabricación da fibra semi-sintética lyocell coñecido como Proxecto GAMA. Ao pouco, foi transcendendo que do que se trataba en realidade era da instalación dunha gran planta de celulosa nunha área próxima a Palas de Rei, o que creu alarma en principio entre a veciñanza da zona pero que rapidamente se foi estendendo ao longo de todo o río Ulla e ao resto de Galicia.

Neste documental analízanse os posibles efectos que unha instalación destas características poderían exercer sobre todos os aspectos que se verían implicados, coa intervención de investigadores especializados en cada unha destas áreas, así como de veciñas e profesionais.

O acceso é gratuíto até completar aforo. A sesión contará coa presenza de Enrique Banet e Mabel Rivera, xunto coa neurocientífica Sonia Villapol.

Detalles

Data:
Xuño 14
Hora:
12:00 - 13:30
Website:
https://www.numax.org/cinema/ficha/a-loita-final

Lugar

Numax, Santiago de Compostela
Concepción Arenal, 9
Santiago de Compostela, A Coruña 15702 Spain
+ Mapa de Google

Organiza

Numax