Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.

Pase do documental “A Loita Final”, o 23 de maio en Lalín
Maio 23 @ 20:30 - 22:00

Venres 23 de maio, ás 20:30 horas. Lalín (Sala Moderno do Café Camilo). Organiza Salvemos Catasós e Plataforma Ulloa Viva.
A “Loita Final”, de Enrique Banet e Mabel Rivera, aborda o problema da eucaliptización de Galicia. Sumado ao nefasto precedente de ENCE, o proxecto GAMA pon agora en perigo a todo o Ulla.
A presentación do documental irá seguida dun coloquio no que Enrique Banet e Mabel Rivera departirán coas persoas asistentes ao acto.
A actividade está organizada pola asociación Salvemos Catasós e o grupo lalinense de apoio á Plataforma por unha Ulloa Viva, seguindo a liña doutros colectivos galegos en defensa do territorio que están a tecer redes para ofrecer unha mirada crítica a problemáticas como a ameaza de ALTRI, que non sempre contan con espazo nos medios tradicionais.