Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.

Pase do documental “O Ulla sí”, o 20 de xuño en Rianxo
Xuño 20 @ 21:00 - 22:30

Venres 20 de xuño ás 21 horas. Rianxo (Sala Arcos Moldes do Auditorio).
O vindeiro venres 20 de xuño a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai dar acollida á proxección dun proxecto audiovisual colectivo para repensar o presente e futuro do Ulla: o documental O Ulla si, impulsado pola Fundación Entretantos coa colaboración de Agrocuir e a Plataforma Ulloa Viva. A cita será ás 21 horas. Será de balde até completar a capacidade da sala.
Esta película nace dunha reflexión colectiva nas comarcas galegas da Ulloa, Terras de Deza e Terras de Melide. Todas elas son áreas afectadas polo proxecto de Altri e Greenalia, que pretende instalar unha macrofábrica de celulosa.
A través de diversos materiais e linguaxes audiovisuais, captura as paisaxes, os pensamentos e as vidas do territorio con sinxeleza e honestidade.
Segundo explican as entidades impulsoras do proxecto, “as voces e a memoria oral, que flúen ao longo do documental como o propio río Ulla, son a alma deste relato colectivo”.