Logo do anunciado na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado 17 de maio, a Xunta Directiva da Plataforma Ulloa Viva atendendo aos artigos 19.1 e 20.1 dos actuais e vixentes Estatutos da Plataforma Ulloa Viva convoca Eleccións aos cargos da Comisión Permanente da Xunta Directiva da Plataforma Ulloa Viva. A tal fin, comunícase a todos os socios e socias que o día 1 de xuño ábrese o prazo para a presentación de candidaturas aos cargos de Presidencia, Secretaria e Tesoureira, prazo que permanecerá aberto ata o 15 de xuño (inclusive).
As candidaturas deberán ser presentadas no correo electrónico plataformaulloaviva@gmail.com co asunto “ELECCIÓNS” e acompañadas da seguinte documentación:
- Solicitude incluíndo nome e apelidos, número de socio e cargo ao que se presenta.
- D.N.I. escaneado (ou foto), polas dúas caras, en formato .pdf.
- Declaración de non estar incurso en causa de incompatibilidade, conforme ao art. 19.3 dos Estatutos.
- No seu caso, documento explicativo da candidatura (segundo o art. 20.1.5 dos Estatutos).
Asemblea xeral
Unha vez rematado o período de presentación de candidaturas e comprobación dos requisitos de validez das mesmas acorde aos arts. 19.1.3 e 20.1.3 dos Estatutos da Plataforma Ulloa Viva, terá lugar a Asemblea Xeral (programada para o sábado 5 de xullo) co fin de realizar as votacións por parte das persoas socias presentes na asemblea.
Nesta asemblea terá lugar, e por esta orde:
- Constitución da Mesa Electoral (artigo 20.1.6).
- Presentación das candidaturas, todas elas contarán cun tempo máximo de 60 min, a distribuír proporcionalmente entre as mesmas. A orde de presentación fixarase por sorteo público.
- A continuación procederase á votación, directa, persoal e segreda, dos cargos por separado por parte das persoas asistentes. (artigo 20.1.7). A tal efecto poranse a disposición das/os socias/os as correspondentes papeletas de votación.
Calendario Electoral (aprobado na reunión da Xunta Directiva o 26 de Maio do 2025)
- Dia 1 de xuño: Comunicación de Convocatoria Electoral individualizada cos datos persoais e número de socia.
- Do 2 ao 6 de xuño: Subsanación de erros nos datos persoais e/ou número de socia/o a través do correo plataformaulloaviva@gmail.com.
- Do 1 ao 15 de xuño: Presentación de candidaturas segundo art. 20.1.5 dos Estatutos, enviadas ao correo plataformaulloaviva@gmail.com
- Do 16 ao 20 de xuño: Revisado, validación e, no seu caso, subsanación de erros das candidaturas presentadas para o cumprimento dos requisitos esixidos polos estatutos.
- Dia 21 de xuño: Comunicación vía correo electrónico das candidaturas presentadas validadas.
- Dia 5 de xullo: Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección da Comisión Permanente da Xunta Directiva.
Datos persoais do censo
Se es socio/a da plataforma e non recibiches información nen os datos persoais do censo, escribe a plataformaulloaviva@gmail.com.