Feira "Fiando vida", o 28 de xuño nos Pendellos de Agolada

Feira "Fiando vida", o 28 de xuño nos Pendellos de Agolada

O sábado 28 esperámoste para unha feira onde reivindicar a moda sostible, vintage e de segunda man.

  • Convidados especiais como os actores Diego Anido e Mónica García.
  • Música en directo (Zoelas, Davide Salvado, Señora DJ, Fransy, …)
  • Desfiles (deseños de Karol Farias e Fran Vilanova de Madejas Tejerlo).
  • Exposicións.
  • Postos de venda.
  • Faladoiros de expertos/as.
  • Obradoiros de costura, seda, reciclaxe creativa, impresión téxtil botánica.
Programa completo da feira Fiando Vida

Un tecido entre as nosas raíces e un futuro sen ALTRI!


Postos de venda

Mapa cos postos de Fiando Vida
Lista dos postos de Fiando Vida

Actividades con inscrición previa

Feirante por un día

Fiando vida: queres vender a túa roupa usada?

Queres vender esas pezas esquecidas no fondo do teu roupeiro?

Anímate a ser feirante por un día en Fiando Vida!

Información e inscricións no WhatsApp 699 040 482 (prazas limitadas).

12 h: Obradoiro Infantil de Reciclaxe Creativa

A través do xogo, aprenderemos a facer pequenas manualidades reciclando elementos da nosa vida cotiá. Coa artista Dolores Caamaño de Dípataca.

Non fai falla material. Prazas limitadas, anótate aquí.

12 h: Obradoiro de impresión botánica (Zapa Home)

O Hapa Zome é unha técnica ancestral xaponesa de impresión téxtil a partir dos pigmentos das plantas, totalmente respectuosa coa natureza. Con Casperiota.

16 h: Taller de Tote Bag Upcycling

Esperámoste o 28 de xuño ás 16:00 h nos Pendellos de Agolada para crear a túa propia tote bag reutilizando vaqueros que xa non uses. Unha experiencia creativa e sostible da man de @karolfarias de @aobaupcycling e @casilocabyjuanaarangoesp.

Prazas limitadas, anótate aquí.