Domingo 1 de xuño ás 12 horas. Marín (Alameda) e Pontevedra (Alameda). Organizan Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) xunto á Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (Pedra).
O domingo 1 de xuño hai unha nova manifestación nacional para, un ano máis, rexeitar Ence en Marín e, ademais, a macrocelulosa que pretende instalar a multinacional ALTRI en Palas de Reis. Desta vez é nas cidades de Marín e Pontevedra, onde ben coñecen o que é sufrir as afeccións dunha factoría celulósica. A manifestación partirá ás 12h das Alamedas e rematará diante da factoría de ENCE.

Xantar
Ao remate da marcha, haberá xantar e concerto na Alameda de Pontevedra. Nesta ocasión pódese reservar un menú pechado servido nas mesas, sen ter que gardar cola, e cun prezo realmente popular (25€/persoa). Haberá mesas e cadeiras para 500 persoas, reserva xa neste formulario. Indica se ves de fóra de Pontevedra, para facilitar o retorno da xente que veñades nos buses!
Para calquera asunto relacionado podes escribir a apdrmarcha2025@gmail.com.
Autobuses
Dos grupos vivos
Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Lalín
Prezo de 7 €/praza. Saídas: 9 h Palas de Rei (Concello), 9:10 h Monterroso (Bar García), 9:15 h Antas de Ulla (Concello), 9:25 h Agolada (Bar García) e 9:35 h Lalín (Rolda Leste, altura do Carrefour).
Reservas por mensaxe directa a @palas_viva ou nos correos palasviva.altrinon@gmail.com, monterrosovivo.altrinon@gmail.com, antasvivo.altrinon@gmail.com, agoladaviva.altrinon@gmail.com ou lalinvivo.altrinon@gmail.com.
Melide
Gratuíto. Reservas en Laia Zapateiros. Saída do Cantón de San Roque, ás 10 horas.
Colaboran Melide Vivo e Concello de Melide.
Organizacións ecoloxistas
A Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Vilagarcía
Para desprazarte nos autobuses dispostos polas organizacións ecoloxistas (Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga) desde cada cidade podes apuntarte neste formulario. Non se poden reservar máis de 4 prazas.
Despois da manifestación, voltaremos a zona vella de Pontevedra para un xantar popular. Sobre as 16:30h comezarán a voltar os autobuses.
Unha vez que se enchan os buses, iremos confirmando ao voso correo electrónico, por orden de inscrición, e informando da rúa e hora de saída de cada cidade.
No momento de coller o autobús hai que pagar 5 € por cada praza. Por favor, leva o importe xusto para non ter que andar a devolver cambio. Cada viaxeiro/viaxeira paga unha parte do custe da viaxe, o resto achégano as organizacións ecoloxistas.
Para calquera dúbida, aclaración ou incidencia, contactar a través do correo electrónico galiza@ecoloxistasenaccion.gal ou no teléfono, so se é imprescindible, 623 023 137.
CIG
A Coruña
Información chamando ao 981 169 293.
Ferrol
Información chamando ao 981 358 750.
Compostela
Información chamando ao 627 912 542.
Lugo
Información chamando ao 982 225 812.
Ourense
Información chamando ao 988 233 134.
Vigo
Información chamando ao 986 827 900.
Vilagarcía
Información chamando ao 986 505 323 ou ao 986 565 059.