Marcha contra as celulosas: Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa, 1 de xuño en Marín e Pontevedra

Marcha contra as celulosas: Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa, 1 de xuño en Marín e Pontevedra

Domingo 1 de xuño ás 12 horas. Marín (Alameda) e Pontevedra (Alameda). Organizan Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) xunto á Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (Pedra).

O domingo 1 de xuño hai unha nova manifestación nacional para, un ano máis, rexeitar Ence en Marín e, ademais, a macrocelulosa que pretende instalar a multinacional ALTRI en Palas de Reis. Desta vez é nas cidades de Marín e Pontevedra, onde ben coñecen o que é sufrir as afeccións dunha factoría celulósica. A manifestación partirá ás 12h das Alamedas e rematará diante da factoría de ENCE.

Cartaz da marcha contra as celulosas do 2025: a ilustración de dous peixes saltando sobre un mar azul. Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa

Autobuses

Para desprazarte nos autobuses dispostos polas organizacións ecoloxistas (Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, etc.) desde cada cidade (A Coruña, O Ferrol, Ourense, Lugo, Vilagarcía, Vigo, etc.) podes apuntarte neste formulario. Non se poden reservar máis de 4 prazas.

Despois da manifestación, voltaremos a zona vella de Pontevedra para un xantar popular. Sobre as 16:30h comezarán a voltar os autobuses.

Unha vez que se enchan os buses, iremos confirmando ao voso correo elect´ronico, por orden de inscrición, e informando da rúa e hora de saída de cada cidade.

No memento de coller o autobús hai que pagar 5 € por cada praza. Por favor, levade o importe xusto para non ter que andar a devolver cambio. Cada viaxeiro/viaxeira paga unha parte do custe da viaxe, o resto apórtano as organizacións ecoloxistas.

Para calquera dúbida, aclaración ou incidencia, contactar a través do correo electrónico galiza@ecoloxistasenaccion.gal ou no teléfono, so se é imprescindible, 623 023 137.