
Altri pintará de verde a cheminea que emitirá 8.754 kg ao día de gases contaminantes
A Xunta da Galiza incluíu na súa declaración positiva sobre o proxecto de celulosa de Altri na Ulloa un informe no que a multinacional se compromete a pintar de verde a cheminea que verterá 8.754 quilos diarios de gases contaminantes para así “integrala no territorio”. A denuncia sobre esta cuestión realizada esta cuarta feira por Ulloa Viva coincidiu coa reunión do Consello Forestal da Galiza, convocado pola Consellaría do Medio Rural. Varios vogais introduciron nel o debate sobre a prórroga da moratoria á plantación de eucalipto.