
Presentación do nº 8 de Cairón, con artigos sobre o conflito de Altri, o 11 de maio en Palas de Rei
Maio 11 @ 12:00 - 13:00

Domingo 11 de maio ás 12 horas. Palas de Rei (Salon de plenos da Casa do Concello). Organiza Instituto de Estudos Ulloáns (IEU).
Este boletín do Instituto de Estudos Ulloáns presenta un especial sobre “O conflito de Altri”:
- “A liberdade da auga. Conferencia en Melide”. Autor: Joaquín Araújo. Tradución ao galego: Xulio Cuba Orosa.
- “O impacto na sáude dos veciños e traballadores do proxecto GAMA”. Autora: Sonia Villapol Salgado.
- “O confronto de dúas xeografías: o espazo banal e de recursos fronte ao espazo vivo e de resistencia no conflito de Altri”. Autor: Rubén Camilo Lois González.
- “O outono roubado. Ensaio sobre ambiente, territorio e paisaxe a través do caso Altri”. Autor: Horacio García.
- “A paisaxe emocional do Camiño de Santiago na Ulloa”. Autor: Francisco Pardo Teijeiro.
- “Todo o que cabe nun queixo, nun xerro, nun iogur”. Autora: Ana Escariz.
O acto será coordinado polo director do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo.