Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Convocatoria de asemblea xeral ordinaria da plataforma

Casa da Cultura, Palas de Rei Praza da Ulloa, s/n, Palas de Rei, Lugo, Spain

Como vimos de comunicar hai uns días xs socixs, a asemblea xeral ordinaria terá lugar o próximo domingo, 20 de abril de 2025.

Estrea da película “O Ulla Si”, 26 de abril en Antas de Ulla

Casa da Cultura, Antas de Ulla Calle Miguel Ángel, 20, Antas de Ulla, Lugo, Spain

Sábado 26 de abril, 18:30 horas. Antas de Ulla (Casa da Cultura). Tras meses de proceso participativo de organización, gravación e post produción, chega a estrea mundial de "O Ulla Si", un proxecto audiovisual da Fundación Entretantos (coa colaboración de Agrocuir e Plataforma Ulloa Viva) para repensar o presente e futuro do Ulla. Esta película …

Estrea da película “O Ulla Si”, 27 de abril en Agolada

Auditorio Municipal, Agolada Agolada, Pontevedra, Spain

Domingo 27 de abril, 12:00 horas. Agolada (Auditorio Municipal de Agolada). Tras meses de proceso participativo de organización, gravación e post produción, chega a estrea mundial de "O Ulla Si", un proxecto audiovisual da Fundación Entretantos (coa colaboración de Agrocuir e Plataforma Ulloa Viva) para repensar o presente e futuro do Ulla. Esta película nace …

“Non somos terra de sacrificio”, o 6 de maio en Ourense

Edificio de Ferro, Ourense Rúa Telleira, 7, Ourense, Ourense, Spain

Toda a cidadanía convidada a participar neste faladoiro “Non somos terra de sacrificio: Comunidades en loita pola defensa do territorio e da vida”, con expertos e plataformas, no marco da celebración das II Xornadas de Traballo Social Ecosocial.

Concentración “Altri Non!”, 8 de maio en Madrid

Congreso dos Deputados, Madrid Plaza de las Cortes, 1, Madrid, Madrid, Spain

Estaremos ante o Congreso dos deputados para esixir ao goberno español que rexeite a macrocelulosa e respecte a vontade do pobo galego.

Presentación do nº 8 de Cairón, con artigos sobre o conflito de Altri, o 11 de maio en Palas de Rei

Concello, Palas de Rei Avenida de Compostela, 18, Palas de Rei, Lugo, Spain

Domingo 11 de maio ás 12 horas. Palas de Rei (Salon de plenos da Casa do Concello). Organiza Instituto de Estudos Ulloáns (IEU). Este boletín do Instituto de Estudos Ulloáns presenta un especial sobre "O conflito de Altri": “A liberdade da auga. Conferencia en Melide”. Autor: Joaquín Araújo. Tradución ao galego: Xulio Cuba Orosa. “O …